Froito da soidade e dun período dificil pero extraordinariamente creativo da súa vida, Álvaro Cunqueiro escribe os poemas de "Dona do corpo delgado" cunha calidade táctil, cálida, suave e, malia todo amarga. Versos á amada nos que recrea maxistralmente a linguaxe e o mester da poesía medieval, arrequecidos pola inmensa sabedoría do autor, pola súa capacidade para nos achegar a aura nostálxica da ausencia. O lector ten nas mans unha xoia única, nada do pracer da palabra e da sensualidade requintada, mostra dun sentir veraz, fondamente humano. [contracapa]