Xoán Manuel Pintos Villar (Pontevedra, 1811 -Vigo, 1876) é o precursor máis importante do Rexurdimento. Coñecido ata agora só por "A gaita gallega", neste valume recóllese a obra que ía dando a coñecer en publicacións periódicas da época e que nunca apareceu en libro. A través dela vese enriquecida a figura do pontevedrés, tanto na súa faceta sociolingüística como na literaria. Pintos fórmase esteticamente no neo clasicismo (títulos como as "Églogas" non deixan de lembralo), pero cultiva sobre todo o paisaxismo idílico prerromántico ("Saudades dun pastor") ou o costumismo, no que se presenta como un posible mestre de Rosalía, en obras como "Contos da aldea que parecen historias da vila" (primeiro poema narrativo longo en lingua galega) ou en glosas de ditos populares como os "Consellos da tía Fuca á súa sobriña". Grande admirador de Sarmiento, comparte con el o interese polo medio natural, pola historia e pola lingua, campos en que mostra unha erudición extraordinaria. [Contracapa do libro]