Semblanzas de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría.
Retratos ao miúdo, coma os que se adoitaban facer nas feiras, "Os outros feirantes" é un libro escrito con maxia verbal e, ao tempo, con autenticidade. No fondo destas páxinas latexa o pálpito vivo dunha Galicia chea de humor e enxeño. Retratos que teñen como modelo a xente inventada ou mesmo tirada da realidade do país, ou ambas as cousas á vez. [Presentación editorial]