Co mesmo estilo narrativo con que contaba películas e comentaba a actualidade a un alumnado engaiolado, a metade de camiño entre un guión de cine e os contos ao pé da lareira, Antía Cal fainos percorrer en Este camiño que fixemos xuntos o relato vital dunha muller galega do século XX.
Nestas páxinas repásanse soños, proxectos compartidos, crónica dos amigos, lembranzas felices e momentos duros, mais sempre coa ilusión de quen sabe que o camiño é posible e moi fermoso para facelo cos demais. [Presentación editorial]