Puntuación: 2.1/5 (56 votos)
Un elefante gris con lunares morados, que vive nunha selva, namórase dunha formiga negra con cintura de avespa. O seu amor é correspondido, pero para chegar a estar xuntos teñen moito camiño que percorrer. A formiga invita o elefante a seguila e o elefante non o pensa dúas veces. Nin lento nin preguizoso, o elefante percorre un camiño bordeado de árbores, métese até o fondo dunha cesta de costura, nada dentro dunha botella de auga...Despois de moito andar, o elefante e a formiga atópanse e gozan do seu amor, un amor con cintura de avespa e lunares morados... jque non ten nada de raro!
José Campanari, despois de máis de 20 anos de traxectoria no mundo das artes escénicas e
da narración oral, preséntanos, no seu primeiro álbum ilustrado, unha historia divertida, delirante, surrealista. Con gran sentido do humor, Campanari achéganos a un personaxe entrañable, capaz de percorrer calquera camiño, por difícil que pareza, para materializar o seu amor.
Nunha segunda lectura, "Sígueme" fálanos dunha historia de amor sen prexuízos, capaz de superar calquera tipo de barreira e diferenzas (tamaños, cores, culturas, hábitats..)
Roger Olmos aproveita o ton surrealista da historia para crear dunha maneira verídica espazos imposibles, cheos de humor e tenrura. Enriquece con todo luxo de detalles e unha gran destreza no trazo os distintos escenarios. As imaxes conseguen un ha especial empatía co lector, que atopará distintos chiscos humorísticos con cada nova lectura, estimulando a curiosidade e a imaxinación dos máis pequenos.
[Presentación editorial]