Puntuación: 1.8/5 (46 votos)
As tres irmás Fernández non coñecían máis oficio que o de roubar. Oculta, a maior, escondía canto roubaba e vivía como unha miserenta; Lucía, a mediana, cos seus ladroízos vivía como unha artista de cine; Xusta, a máis nova, só se apropiaba do necesario para vivir. As tres tiñan unha obsesión: brillar máis que o sol. E, para conseguilo, intentaron todo: deitarse espidas sobre xoias, roubar a auga dun regato, bañarse espidas á luz da lúa...
Txabi Arnal ofrécenos unha divertida historia, onde o humor e a ironía teñen un cspec¡al protagonismo.
As tres irmás ladroas, co seu obsesivo desexo de acumular riquezas, só Iles queda por ansiar o imposible. Nin o ouro nin as máis luxosas xoias colmaban os seus delirios de grandeza. Finalmente, Oculta, Lucía e Xusta descubrirán que non é ouro todo o que reluce, e que só o afecto e a tenrura farán brillar de verdade os seus corazóns (máis, aínda, que 0 sol de verán). Elena Odriozola, pola súa parte, creou unhas imaxes de gran delicadeza, coa sutileza de trazo que caracteriza o seu traballo. Realiza, ademais, atractivos xogos conceptuais cos personaxes, as escenas e as distintas composicións. Usa o texto como punto de partida para mostrar ao lector a particular interpretación da historia desde o seu imaxinario artístico, o seu especial tratamento das texturas, incorporando o cromatismo en toda a súa simboloxía e unha particular arquitectura das imaxes, concibindo xogos de paralelismos entre as distintas ilustracións.
[Presentación editorial]