"O pescador de cana" é unha aposta, non só por un contido, senón tamén por unha forma , por unha linguaxe e, sobre todo, por unha lingua. Lonxe de toda novela-espectáculo,""O pescador de cana"" olla para as tebras do espírito, para a marxinalidade que orla o gran teatro da nosa sociedade. E faino através de personaxes que teñen pouco ou nada que dicir, mais si moito que decirse, e que, por carambola, chegan a conectar entre si. A aventura na que pretende enguedellarse o pescador sobarda calquer premisa razoábel e, con otdo, é esa aventura a que fai xurdir do sobrio abismo do protagonista as situacións máis dispares. [Presentación editorial]