As cidades asolagadas constituén un dos elementos máis destacados do folclore galego actual, xa tratados por Murguía ou Taboada Chivite. Este estudo trata de indagar acerca do seu significado, e das augas en xeral, analizando os casos existentes en Galicia e noutros países atlánticos, como a célebre cidade de Is na Bretaña. Durante moito tempo consideradas como recordos cristiáns de palafitas prehistóricas, neste libro abórdase o tema desde un novo e maís actual punto de vista, analizando posibles antecedentes históricos na historia antiga galega e europea, como a loita co mar dos pobos celtas. Tamén se estudan as súas principais propiedades, como a noción do tempo, a música, as embarcacións, os pozos , os trazos cristiáns e pagans e o nome de Valverde, achegando luz a outros episodios, como os de santos medievais galegos, do mesmo modo relacionados co fascinante mundo das augas.. [Presentación editorial]