A intención desta obra colectiva é axudar a abrir novas vegas investigadoras na historiografía galega. O volume de estudos sobre o republicanismo galego contrasta de xeito notable cos traballos realizados sobre idéntico obxeto historiográfico noutras comunidades do Estado. Dende a perspectiva galega, os estudos sobre o republicanismo teñen un elemento de valorización engadido. Os grupos republicanos contribuiron en boa medida a desenvolver unha cultura de esquerdas no país, nas fluctuantes relacións ó longo dos derradeiros sécalos con outros dous dos movementos socipolíticos básicos: movemento obreiro e galeguismo.
O libro divídese en varios apartados que abordan o estudo do republicanismo galego desde a perspectiva máis rigorosa posible a cargo dos historiadores, D. Prudencio Vivero Mogo, D. Jorge Cagiao y Conde, D. Ramón Veiga Alonso, D. Luis Giadás Álvarez, D. Emilio Grandio Seoane, D. Eliseo Fernández, D. Carlos Pereira Martínez, D. Antón Costa Rico, Dña. María del Carmen Pérez Páis y Dña. María Luisa Julia Pazos Pazos. [Presentación editorial]