Finalista no ano 2006 do II Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira convocado por Baía Edicións.
A partir de 12 anos.
Na Vionta, unha pequena illa esquecida no linde do horizonte vive Tonecho, mozo que rexenta unha taberna visitada por xentes que andan á procura dun abeiro.
Todo muda o día en que o vello Nomar regresa a súa Ítaca e rescata a buguina agochada o día da partida. A estraña aparición dunha rapaza núa no areal, enchoupada de mar, fará que as historias caladas agromen de novo. Os sons da buguina murmuran unha antiga lenda que se torna realidade. [Presentación editorial]