Gañador do 2º Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira 2006.
O relato (grupo de idade de 8-10 anos) narra a historia de Lóbez, un fermoso lobo, que, ao non saber ouvear como os da súa especie, produce un gran pesar aos seus pais e é continuo obxecto de burlas polo resto dos membros da manada, sufrindo, na súa viaxe ante o tribunal dos notábeis que resolverán o seu problema, toda unha serie de desventuras e situacións ridículas para un animal tan poderoso como el.
Lóbez retoma a mellor tradición da literatura galega con protagonismo dos animais –pénsese nos relatos de Ánxel Fole–, aos que dalgunha maneira se (des)humaniza, para transmitir unha sentenza moi próxima aos problemas que sofre a sociedade actual. Tamén destaca, entre os seus valores literarios, a fina ironía coa que o autor narra a historia.
[Presentación editorial]