Lois esperta un día pola mañá cedo e descobre que a súa muller xa non está na casa. Tampouco responde as chamadas telefónicas. A angustia da soidade inesperada, do descoñecemento e do temor, acaba por abrirse paso cara o temido fracaso da parella, a separación.
Cunha prosa musical e mordaz, Manuel Veiga (Monforte de Lemos, 1960) fai confluír nesta novela, gañadora do Premio García Barros 2006, a historia dun home e dunha muller que se buscan e a dunha cidade, metáfora do Vigo actual, que, coma eles, tamén quere recoñecerse e aceptarse nas súas grandezas e nas súas miserias, no seu pasado e no seu presente. [Presentación editorial]