Marta, orfa de nai desde o seu nacemento, é criada pola súa vella ama e mais polo seu pai, un home celoso que se sente incestuosamente atraído pola filla.
Nélida Piñón tece nesta novela un texto no que a lingua, a terra e o corpo da muller se imbrican e constitúen unha fonda pescuda en prol da expresión literaria como exploración de conflitos e emocións, como labirinto que cómpre percorrer para chegar á cerna oculta da realidade.
"A casa da paixón", publicada no Brasil en 1972, obtivo o Premio Mário de Andrade da Associaçao de Críticos de Arte de Sao Paulo ao mellor libro de ficción. [Presentación editorial]