Puntuación: 1.6/5 (74 votos)
O xornalista e editor Xan Arias-Andreu Rodríguez ven de recompliar nun volume, publicado pola Editorial Trifolium dentro da súa colección Contextos, unha serie de cartas recibidas ao longo da súa vida por Emilio González López (1903-1991), un dos políticos e historiadores máis decisivos da Galiza do século XX.
A través das súas 218 páxinas, a obra recompila 92 cartas remitidas por senlleiros persoeiros da política e a cultura tanto galega como española, como Castelao, Otero Pedrayo, Claudio Sánchez Albornoz, Fernando Valera, Jesús M. de Leizaola, Gorkin, Ramón Esturau, Rodolfo Prada e Xerardo Álvarez Gallego, entre outros.
O contido das misivas, ase corno as xentes que as remitiron, é singularmente variado, como variada foi a vida do ilustre político e investigador coruñés. As de contido político, referidas fundamentalmente á situación do país baixo a dictadura franquista, actuacións desde o exilio e movementos e posicionamentos nos primeiros anos da transición, en tanto as culturais aportan unha interesante información sobre o labor desenvolvido por González López como escritor e investigador, así corno sobre a súa intervención en xornadas galegas organizadas po1as sociedades da emigración.
A transcrición das 92 cartas incluídas no libro respectou escrupulosamente a escrita dos seus autores, sen rnodificacións nin actualizacións de ningún tipo que menoscabara o fondo respecto que os seus asinantes merecen.
Son obxectivos do libro contribuir á recuperación da nosa memoria histórica no ano no que se cumpre o setenta aniversario do levantamento militar do 36 que deu comezo a unha Guerra Civil que desencadeou morte, represión e silenzo. Personificado na figura de Emilio González López, este libro quere render unha homenaxe a todos aqueles que quixeron construír un país en liberdade e pagaron un alto prezo por elo.
[Comunicado de prensa]