Trinta e seis coñecidos composteláns viaxan ó territorio auroral. Subidos á maquina do tempo voltan á auténtica patria, ás súas infancias. Nas lembranzas de cada un deles vaise construíndo, en anacos, a historia de Compostela do século XX. Dende a Exposición Rexional galega de 1909 ata os movementos estudiantís de finais dos sesenta. Trinta e seis estampas en virxinal branco e negro. Historias de cando todo estaba aínda por facer. esta crónica complétase cun apéndice onde se enumeran os feitos máis singulares vividos nesta cidade durante seis décadas. [Contracapa do libro]