Puntuación: 1.8/5 (68 votos)
A Biblioteca da Fundación Carlos Casares, que Editorial galaxia publica dentro da colección Ensaio, tira do prelo o seu segundo volume, no que se recollen tanto os relatorios coma as mesas redondas que se desenvolveron nos encontros celebrados en Mondariz-Balneario en setembro de 2004 ao redor do tema "O goberno do mundo: presente e perspectivas do estado nacional", coordinados polo profesor e ensaísta Carlos Fernández.
Despois do éxito dos I Encontros, no ano 2003, organizados tamén pola Fundación Carlos Casares e que tiveron como eixo o debate sobre Culturas, civilizacións e sociedade global, publicados tamén por Editorial Galaxia na Biblioteca da Fundación Carlos Casares, estes II Encontros centraron o debate no tema O goberno do mundo: presente e perspectivas do Estado nacional. A saúde do Estado moderno, invento crucial na historia da humanidade, que hoxe semella seriamente ameazado ou, cando menos, en trance de redefinición, foi o eixo ao redor do que se artellaron as diferentes intervencións agora recollidas en libro.
A problemática derivada da redefinición federal do Estado-nación español, foi abordada por Xavier Rubert de Ventós. Noutra liña, Ramón Maiz, aplicando a metodoloxía que tan fructíferos resultados lle deu na análise das identidades nacionais, abordou o tema da identidade indíxena nos Estados latinoamericanos. As intervencións de John Keane e de Danilo Zolo confrontaron dous puntos de vista moi distintos: o de Keane, coñecido defensor do concepto de "sociedade civil global", e.o de 2010, que se insire nas fileiras dun escepticismo crítico e dun certo relativismo cultural.
[Presentación editorial]