Puntuación: 1.9/5 (80 votos)
Nace un espazo editorial novo no ámbito da xa coñecida colección Ensaio que publica Editorial Galaxia. A serie Economía e Sociedade pretende poñer nas mans dos lectores e lectoras galegas títulos que axuden a comprender, de xeito rigoroso ao tempo que accesible, as forzas económicas e os movementos sociais que configuran a sociedade actual en Galicia. O seu primeiro título, "Chaves da economía pública galega", é un libro colectivo, coordinado polos profesores Albino Prada e Xaquín Álvarez Corvacho, no que se analizan cuestións fundamentais, e tafién de grande actualidade, coma o sistema de financiamento da comunidade autónoma galega, as infraestruturas e a política ambiental, amais da sanidade e a investigación.
As propostas, medidas e obxectivos para a Galicia do século XXI nas anteditas áreas e a situación real das contas públicas da X unta de Galicia despois de 25 anos de autonomía son analizadas tendo en conta o novo contexto da Europa ampliada e a reforma autonómica que se está a producir no Estado español. Con ese horizonte, os autores e os temas deste libro centran a súa atención en aspectos clave da administración (cómo gastar, cómo ingresar) dos nosos recursos públicos.
¿Podemos ter mellor sanidade pública aforrando en farmacia ou concertos privados e gas- tando fiáis noutros programas? ¿Que prioridades e obxectivos deben informar os investimentos públicos en infraestructuras? ¿Cal é a mellor estratexia que para a innovación -en procesos e productos- pode seguir un país cos recursos de Galicia?
[Presentación editorial]