Puntuación: 2.1/5 (40 votos)
A Oso móveselle un dente. É o primeiro dente de leite que Ile vai caer. Oso está tan impaciente que llo ensina aos seus amigos. "Cando caia", di, "o trasgo do bosque deixarame un agasallo debaixo da miña almofada."
Os pequenos lectores sentiranse moi identificados coa historia de oso. A caída dos dentes de leite é unha experiencia que na nenez non deixa a ninguén indiferente, sobre todo cando esa perda se compensa cun agasallo do "trasgo do bosque", que para moitos cativos se identifica coa figura do Ratiño Pérez.
Cando Oso extravía o seu dente recén desprendido, os seus amigos axúdanlle a buscalo. A toupa saca a súa lupa, a través da cal todo o que se mira semella ser diferente: as formigas parecen camións, as bolboretas convértense en cometas e os paxaros en avións.
Ademais de enxalzar a xenerosidade de Oso cando comparte cos seus compañeiros os agasallos do trasgo, unha vez recuperado o dente, a autora pregoa valores como a amizade e a solidariedade. Julia San Miguel válese dunha linguaxe de gran riqueza literaria, chea de metáforas. sinxelo e descriptivo, o relato baséase na repetición dunha estructura, o que Ile aporta ritmo e dinamismo ao texto.
E como colofón, destaca o canto final á natureza. oso, Esquío, Cervo e Toupa son personaxes representativos do planeta no que vivimos: o ceo, as árbores, as flores ou a terra son o fogar dos seres vivos que nos rodean e que cómpre protexer. A estética das ilustracións destaca polo seu carácter bucólico e cheo de colorido.
[Presentación editorial]