Puntuación: 2.2/5 (46 votos)
Unha rapaza non quería facer o que facía todo o mundo. Resultáballe aburrido. Por iso saía pola porta recuando. Unha vez atropelou o avó...
Un home era tan ordenado que non aturaba que as aguilas do reloxo non estivesen rectas.
Había un rapaz con ollos tan penetrantes que podía cortar o pan coa ollada.
Unha das moitas virtudes da autora Úrsula Wolfel é o sentido do humor co que aborda as pequenas historias cotiás, nas que os personaxes -tanto animais como persoas- son os protagonistas de situacións cómicas e sorprendentes. A súa imaxinación móvese no terreo do "nonsense", captando a atención do lector con disparatadas ideas.
A escritora frustrada que se converteu en campeona de afiar lapis, a historia da familia que non paraba de discutir ata quedar conxelada, o comportamento surrealista do home tan extremadamente metódico que recollía a mesa antes de comer, as anécdotas sobre a enfermidade contaxiosa de nome "pips" ou o enigmático ser chamado "Prantocox", son algunhas das historias disparatadas que debuxarán un sorriso na faciana do lector .
"29 historias disparatadas" forma parte dunha triloxía que se completa cos títulos "27 historias para tomar a sopa" e "28 historias para rir", ámbolos dous publicados por KALANDRAKA en galego, castelán e portugués.
Presentación editorial