Puntuación: 2.3/5 (57 votos)
Bieito sempre estaba preocupado. Preocúpase polos sombreiros e polos zapatos. Preocúpanlle as nubes, a chuvia e os paxaros xigantes. A súa avoa, cando era nena, tamén se preocupaba por todo, por iso ela sabe moi ben como axudar ao seu neto.
Os bonecos "sacapenas" son o símbolo deste relato que nos abre a porta a outra cultura. Dende hai moito tempo os nenos de Guatemala fabrícanos con pauciños e restos de teas e fíos; á hora de deitarse cóntanlles unha preocupación e déixanos debaixo da almofada para que, ao día seguinte, esperten sen inquedanzas.
Anthony Browne crea un relato cheo de misterio, acompañado dunhas ilustracións que reforzan esa atmosfera enigmática. As escenas de tensión distínguense das demais pola cor: os medos de Bieito píntanse cunha escala de grises que potencia o efecto de intriga e inseguridade; en contraste, o colorido inunda as demais páxinas, principalmente aquelas nas que os "sacapenas" fan a súa aparición, incrementando 0 efecto beneficioso dos bonecos para o desenlace da historia.
O estilo de Anthony Browne destaca polo realismo das ilustracións, polo detallismo co que representa a figura humana, os rasgos de expresión ou as engurras da pel. os momentos agradables na vida de Bieito acontecen no marco de estampas familiares, que aportan un ambiente tranquilizador. Pola contra, cando Ile atacan as súas obsesións, xurden formas de inspiración onírica e surrealista. A súa avoa daralle o remedio a tanto desasosego.
[Presentación editorial]