Puntuación: 1.9/5 (48 votos)
Don Casimiro e Dona Carolina proveñen dunha familia de gatos moi distinguida. Dende tempos inmemoriais a súa estirpe é famosa pola súa fermosa pelaxe negra. Hai tempo que Don Casimiro e Dona Carolina agardan ansiosos ter descendencia. E por fin chega o día esperado...
Rosalinda non é o que os seus pais agardaban: loce unha chamativa pelaxe arrubiada en vez da de cor acibeche da que presume a familia; e fai cousas impropias da súa especie, como relacionarse con cans e ratos. Rosalinda non encaixa no seu fogar e emprende o seu propio camiño na procura de fortuna.
Nunha segunda lectura, este libro destaca pola crítica que verte cara á sociedade, pouco aberta a aceptar outras formas de vivir e pensar. O autor desta obra formula unha defensa da diversidade, da liberdade individual e do respecto ao próximo fronte ás convencións impostas.
Piotr Wilkon faille reflexional ao lector, aposta por actuar con certas doses de rebeldía para lograr un mundo máis xusto, tolerante e solidario. Como a gatiña Rosalinda, que non renunciou á súa forma de ser e que, despois de triunfar, obtivo o recoñecemento dos seus.
Józef Wilkon aporta un toque de orixinalidade e lirismo coas súas ilustracións. Destaca o seu estilo moderno, que consegue con técnicas sinxelas e variadas coma o pastel, que Iles dá ás imaxes un aspecto rugoso. Pinta paisaxes urbanas nas que os gatos, os animales que máis soe debuxar, adoptan o xeito de vida das persoas. Neste universo imaxinario destaca tamén o seu perfeccionismo e interese por reflectir detalles como as luces, os decorados ou os xogos de perspectiva.
Józef WilkolÍ naceu en 1930 en Bogucicach, preto de Cracovia (Polonia), cidade na que estudou Belas Artes. Ao rematar a súa formación, que completou con estudos de Historia na Universidade Jagiellonian, pasou un ano en París e axiña se involucrou no mundo artístico francés e alemán. As súas obras expóñense en galerías de todo o mundo, como Londres, Viena, México ou Tokyo.
Entre outros premios, recibiu as medallas de ouro da Bienal de Ilustración de Bratislava (1969), de Bolonia (1969), Moscú (1975) ou Leipzig (1991). Ilustrou una cen libros infantís e para adultos en Polonia, dos cales máis da metade se editaron noutros países.
[Presentación editorial]