Emilio Coco (San Marco in Lamis, Italia, 1940), poeta, critico literario, antólogo, tradutor e editor, desenvolve un intenso labor como hispanista e especialmente como divulgador da poesía e do teatro español contemporáneos en Italia. Galardoado co Premio Annibal Caro (1999) polo conxunto da súa obra e co Premio Speciale Torri di Quartesolo (2002), está tamén en posesión da Cruz de Alfonso X El Sabio, concedida polo seu traballo humanístico e pola súa dedicación ás letras españolas. A súa obra poética, traducida a diversos idiomas, está composta, entre outros, polos títulos "Profanazioni" ( 1990); "Que hago yo aquí esperando que la salsa acabe de hervir" (1991); "Le parole di sempre" ( 1994); "Piano Bar" (2001) e "Fingere la vita" (2004). Autor de importantes antoloxías de poesía española e italiana, publicou en tres volumes a obra "Teatro español contemporáneo" e na actualidade colabora nos programas culturais da RAI, sendo tamén colaborador habitual de importantes revistas literarias españolas e italianas. [Lapela do libro]