Puntuación: 1.7/5 (61 votos)
Acadar os cen anos provoca moitas reflexións, preguntas e emocións, tanto desde a óptica persoal coma desde a visión empresarial. É, sen dúbida, un momento de ledicia e celebración, tamén de lembranza e recoñecemento, pero sobre todo provoca unha intensa sensación de responsabilidade.
A oportunidade de abranguer nun libro as nosas vivencias, ligadas ás da terra, que non só nos acolle, senon que forma unha parte inseparable da nosa razón de ser, acrecenta aínda máis esa responsabilidade naqueles aos que nos corresponde vivir este momento.
"Estrella Galicia. Unha empresa, un século", ten que servirnos non só para coñecer e lembrar as decisións tomadas polos nosos predecesores, senón tamén para enmarcalas en cada un dos momentos e escenarios en que tiveron lugar para así intentar comprendelas e interpretalas e desta maneira facelas permanentemente modernas, facendo que o pasado, mesmo o máis recente e vixente, non sexa só un recordo, senón un estímulo que nos permita no presente continuar día a día construíndo o futuro, motivados non só polo noso propio desenrolo, senón especialmente polo da terra e sociedade que alentan as nosas decisións.
A mestría con que os profesores Ramón Villares e Luís Alonso Álvarez souberon combianr o biorritmo de Hijos de Rivera como empresa co da miña familia nas súas catro xeracións e o de diferentes momentos do contorno económico-social durante todo un século de historia de Galicia e España, concrétase neste libro co que queremos agradecer a todos aqueles que ben co seu traballo e compromiso, ben coa súa proximidade e fidelidade, fan posible que poidamos afrontar novos retos, fieis á audacia e á constancia contidas nun legado que nos empeñamos en perpetuar.
[Presentación de José María Rivera. Dir. Xeral de Hijos de Rivera S.A.]