Este segundo volume da colección TRADUCIÓN & PARATRADUCIÓN, titulado "Tradución e Política editoral de Literatura infantil e xuvenil", ten a súa orixe na reflexión teórica sobre a inserción dos textos traducidos nas diferentes formas de entender a política na sociedade. O libro quere abrir camiños para uns estudos sobre a tradución que teñan en conta os aspectos paratradutivos, isto é, contribuír a unha aplicación anovadora da transversalidade nos estudos sobre tradución.
Os capítulos e diferentes achegas que aquí se inclúen focaIízan nalgúns aspectos paratradutivos como a política editorial e outros elementos que condicionan tanto a elaboración da tradución como a súa presentación, distribución, venda e posterior recepción. A política editorial é a que ten maior envergadura por se adentrar en case todos os ámbitos do proceso tradutor. A función tradutiva e a tradución como proceso e produto debe ser analizada tendo en conta o por que se traduce, sen esquecer o como se traduce. [Lapela do libro]