Puntuación: 2.1/5 (40 votos)
Unha vez un home tiña tanta présa que quería non precisar ningún tempo para nada.
Había un paxaro tan voraz que non aturaba ver que outros paxaros tivesen algo que picar.
Unha vez había unha porca que sempre se enfadaba cando a xente lle chamaba "porca". Prefería que lle chamasen Rosa.
Trala publicación de "27 historias para tomar a sopa", KALANDRAKA continúa editando a serie completa de relatos breves de Ursula Wolfel. Trátase dun xénero que os lectores infantís devoran con verdadeiro interese, sobre todo porque contan cun apoio visual de gran atractivo, a base de ilustracións nas que o deseño e a cor xogan un papel moi importante de complemento ao texto.
Historias sinxelas, que invitan a debuxar un sorriso; baséanse no "nonsense" e teñen moita carga surrealista, pero sempre deixan un pouso de lóxica. Por moi inverosímil e disparatada que soe a historia, o lector acabará sendo solidario e comprensivo cos comportamentos estraños dos personaxes: actúan como actúan porque así ten que ser, con toda a razón do mundo.
Agrada a lectura das "28 historias para rir" porque cada relato contén escintileos brilantes de enxeño, porque cada un alimenta a imaxinación do lector e porque nos transportan a un mundo onde todo é posible. A triloxía complétase con "29 historias disparatadas", publicada tamén por KALANDRAKA en galego, castelán e portugués.
[Presentación editorial]