Puntuación: 1.7/5 (52 votos)
Eduardo fíxose cada vez máis zoupón, máis cruel, rnáis amigo de estarabouzar, máis porcallán, máis maleducado e máis brután, ata que un día Ile dixeron... "Eduardo, de verdade, es o neno máis terrible do mundo".
Eduardo é un neno coma outro calquera, coa particularidade de que o seu carácter pode chegar a ser máis desagradable do adecuado: ruidoso, bruto coas cousas e cos demais rapaces, desordeado e porcallán... Tiña gañado por méritos propios o pouco honroso título que ostentaba, como o neno máis terrible do mundo, a consecuencia de acumular tantos defectos.
Lonxe de corrixir a súa actitude a base de sumar tantas críticas, a actitude de Eduardo volvíase cada vez máis negativa, ata que unha serie de feitos inesperados cambian a imaxe que todos teñen del. Así, pasa de ser denostado, a recibir toda clase de gabanzas: limpo, espelido, xeneroso, aplicado... En definitiva, encantador. Todo un xiro de 180 graos na valoración do seu comportamento.
John Burningham elabora un texto que segue unha pauta perfectamente estructurada, baseada na repetición dun esquema narrativo. Esta característica fai que o texto adquira dinamismo e resulte ameno, ao tempo que Iles transmite aos lectores unha lección de civismo, educación e sensibilidade.
Trátase dun relato ideal para ser contado: a historia enganchará a atención do público infantil, atraído pola~ peculiares maldades de Eduardo. O autor esaxera adrede as tramas para captar a complicidade dos cativos, que se sentirán identificados co protagonista cando se portan mal. A historia suaviza e trata con benevolencia as trasnadas dos máis novos, apostando por darlles sempre a oportunidade de corrixirse e portarse mellor .
[Presenación editorial]