Algo estraño está sucedendo no País de Nunca Xamais. Os soños están saíndo de alí. Son soños de piratas e sereas, de pinturas de guerra e crocodilos, que se fan realidade. Para Wendy e os nenos perdidos, hoxe convertidos en serios e respectables adultos, isto é un sinal de que Peter Pan necesita axuda, así que deciden voar ao País de Nunca Xamais.
Cando chegan alí, todo está cambiado e os perigos cos que se van enfrontar están moi lonxe de ser só soños. [Contracapa do libro]