Puntuación: 2.0/5 (46 votos)
A nosa historia, a que vimos contar nas páxinas que seguen, non pretende incomodar aos torturadores, pois moitos, senón a maioría, xa desapareceron, pero si quere, en cambio, afianzar a dignidade das vítimas, contando por eles parte da súa historia, que, sospeitamos, lles anoxaba contar. No fondo esta é unha historia de homes e nomes, moitos dos cales xamais apareceron nun libro de historia, e quizais nunca máis o fagan, por iso paga a pena que mude esa situación nesta altura, e que algunhas páxinas das que seguen se enchan dos nomes e apelidos dos que se converteron en vítimas da represión, e tamén daqueles que pasaron a comandar os organismos oficiais, rodeados dunha rede de colaboradores que participaron na redacción de atestados, na obtención de testemuños, na concesión de avais ou no ditado de declaracións, actividades todas elas necesarias para asegurar e garantir a estabilidade do novo estatus legal.
[Contracapa do libro]