Puntuación: 1.7/5 (78 votos)
Coa publicación do libro "Asociacionismo e Movemento Obreiro en Oleiros (1900-1936)", do que é autor o historiador Carlos Pereira Martínez, iniciarnos a colección titulada Cadernos de Estudios Oleirenses.
Dita colección abarca cun marcado carácter divulgativo, e desde unha perspectiva radicalmente independente, diversos aspectos relacionados coa riqueza que o concello coruñés de Oleiros atesoura desde o punto de vista da súa historia social, económica, cultural e política, centrándose en temas como o seu pasado e historia, agrarismo, movemento asociativo, arquitecturas civil e relixiosa ou persoeiros relevantes que neste concello naceron ou onde desenrolaron o seu labor, entre outros.
O traballo que presentamos divídese en tres partes. Coñeceremos cronoloxicarnente, en primeiro lugar, as asociacións que desenvolveron o seu labor en Oleiros no periodo descrito, para estudiar a continuación o desenvolvemento do movemento obreiro no concello, entendendo como tal non só aos traballadores de oficios senón tamén ao campesiñado, para cederlle a palabra ós protagonistas, na última parte do libro, a través dos textos que os sindicalistas oleirenses escribiron na prensa cenetista.
[Nota do Editor]