Obra de teatro musical que narra unha historia de paixóns, crimens e espionaxe nos días anteriores ao estoupido da Guerra Civil Española, nunha cidade portuaria como é Vigo, próxima á fronteira portuguesa.
Nun café cantante de mediados dos anos 30, danse cita os personaxes máis singulares: o espía alemán, o emigrante galego, o capitalista catalán; e sobre todo a propia atracción do café: As cancións picantes cantadas pola propietaria e a súa camareira. Pero todo isto se transformara cando chegue ao café a actuación máis esperada: A dama portuguesa de Lisboa, especialista en fados. Mentres, España e Europa pasan por momentos complicados e en Galicia se descobren uns xacementos dun mineral moi especial para a industria armamentística: o wólfram. [Presentación da obra]