O relato de Xerardo Neira "O rei dos lobos" trasládanos a aquel Ingo suevo, do século VI, cando o Nigromonte Escuro asediou a cidade co seu exército de lobos. Unha mestura de realidade e fantasía, expresada nunha lingua fermosa e dúctil, engancha o lector de principio a fin. As magníficas ilustracións da noiesa Rosa Fernández Caamaño contribuen a resaltar aínda máis este Premio Avilés de Taramancos de relato de aventuras 2006. [Presentación editorial]