Puntuación: 1.9/5 (41 votos)
Recuperar a memoria, os nomes dos que tiveron que loitar para non morrer: este é o obxectivo deste traballo. Rescatar do esquecemento aos homes e mulleres que defenderon a legalidade constitucional da II República fronte á sublevación militar do 18 de xullo de 1936 representa un exercicio case obrigado setenta anos despois do inicio do golpe militar. E neste caso, con maior motivo se temos en conta que a guerrilla antifranquista e quen a sustentou foron dende 1977 afastados dos libros de historia e da lembranza colectiva. Mais, nas vilas e parroquias de Galiza non foi tal: os nomes de Pancho, Foucellas, Piloto, Ponte e tantos outros permaneceron no maxín das xentes que, tei- mosamente, se negaron a esquecer.
Nomes, alcumes, agrupacións e destacamentos. 365 nomes de homes e mulleres que, sen dúbida, poderían ser moitos máis. Pero esta limitación non anula o recordatorio de milleiros de galegos e galegas que viron na esperanza re- publicana un tempo de xustiza e progreso.
Para os guerrilleiros antifranquistas vaia esta homenaxe.
[Contracapa do libro]