Este volumepretende intentar, dende un particular punto de vista metodolóxico, suxerir un camino de achegamento ó significado dalgunhas manifestacións máis familiares da nosa literatura popular de tradición oral en relación co que poderiamos denominar o Outro Mundo.
Sen ser o obxectivo prioritario deste traballo o significado de personaxes tan relevantes coma Deus e o Demo, o crego ou a bruxa, é ben certo que a literatura de tradición oral nos ofrece un interesante retrato destas e outras figuras relacionadas co Outro Mundo, o que nos consinte un máis ca suxestivo modo de paroximación, precisamente, ó seu significado, ben que, naturalmente, dende o punto de vista da cultura popular. Este estudo detense, pois, na análise desa visión do Outro Mundo a través da imaxe das figuras que o conforman. [Contracapa do libro]