Puntuación: 1.8/5 (74 votos)
Encadrada na Biblioteca de Teatro publicada por editorial Galaxia en colaboración co Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), aparece o primeiro título da serie Grandes Manuais, consagrada a obras de consulta en torno ao mundo teatral. Este primeiro libro aproveita o Día das Letras Galegas dedicado a Manuel Lugrís Freire para centrarse na obra teatral do escritor, analizada desde diversos ángulos e sempre coa vista posta na escena.
Un mangado de especialistas achéganse en "Manuel Lugris Freire. Do texto ao escena- rio", a unha traxectoria creadora estreitamente vinculada co desenvolvemento do sistema litera- rio e coa construción dun sistema teatral propio. Cunha obra na que salientan pezas como A ponte, Minia ou Mareiras, Lugrís Freire foi un precursor na tarefa de amosar camiños novos para imaxinar e promover unha dramaturxia de expresión galega. Coordinado por Manuel F. Vieites, este volume aborda a obra de Lugrís desde dous puntos de vista: os estudos literarios e teatrais e a creación teatral.
Os textos de Lugrís Freire foron excelentes pretextos para a creación dos primeiros espec- táculos en Iingua galega, realizados pola prime ira compañía de teatro en galego, a Escuela Regional Gallega de Declamación, na que traballaron os primeiros actores e directores da nosa escena, como Bernardo Bermúdez Jambrina, Julia Anguita ou Eduardo Sánchez Miño. Nos anos que van de 1902 a 1905, na cidade da Coruña formulouse un proxecto que tiña moitas virtuali- dades: crear a primeira escola de formación teatral, potenciar a creación escénica e alentar a escrita dramática. Un proxecto integral de desenvolvemento da arte dramática no que Manuel Lugrís Freire desempeñou un rol fundamental.
Elaborado desde a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, "Manuel Lugris Freire. Do texto ao escenario" tamén quere ser unha homenaxe desa institución á figura de Lugrís e unha defensa da nosa memoria histórica no campo dramático e teatral.
[Presentación editorial]