Puntuación: 1.8/5 (42 votos)
O percorrido vital de Demetrio Bilbatúa está vencellado ás dúas beiras do Atlántico, a Galicia e a México. De familia represaliada durante a Guerra Civil, o director e produtor cinematográfico desenvolveu a súa actividade profesional en México. Trazos autobiográficos, referencias de época e testemuños de familiares e amigos completan Galicia-México. Imaxe máxica, libro que recupera para a cultura galega a figura dun home que é testemuña de toda unha época.
A historia de Demetrio Bilbatúa forma parte da historia dos galegos da diáspora. Este é un libro no que se recollen os froitos e os testemuños de todo un traxecto vital e profesional que levou ao seu protagonista desde o Vigo da posguerra ao México do progreso e do cinema.
Un relato tramado no diálogo de dúas voces paralelas: unha centrada na biografía de Demetrio Bilbatúa, nas súas reflexións, nos avatares da súa familia durante a Guerra Civil española, no seu encontro con México e, fundamentalmente, no desenvolvemento da súa carreira como camarógrafo e documentalista.; e, a outra, construída a partir dun xogo de imaxes, referencias de época, relatos e testemuños de familiares e amigos.
[Presentación editorial]