"A esmeralda branca" é un intenso cancioneiro no que o poeta identifica a demiurxia, a muller e a terra desde unha nova mentalidade lírica que achega unha simboloxía diferente na transmisión dos topoi. Esta Nova Arcadia responde á codificación dos momentos vividos nos xardíns sen lindes do Ribeiro, ao tempo que se vai estendendo, como o brillo da esmeralda, a todos os lugares de Galicia que el ama.
"Querido amigo: su poesía que es amor, que es conocimiento, que es pasión -escribiu Vicente Aleixandre ao poeta co gallo do seu primeiro libro- me acompaña este verano". [Lapela do libro]