A literatura oral, a enorme e riquísima tradición popular galega, recóllese nesta antoloxía das Lendas galegas de tradición oral. Unha recompilación ampla e representativa na que cada unha das manifestacións da imaxinación, desde as historias dos mouros ás cidades asolagadas, pasando polas lendas de tesouros, lobos e lobishomes, chega aos lectores e lectoras con toda a súa fantasía. As vellas historias de sempre, contadas co mesmo pulo narrativo que fascina xeración tras xeración.
Estas historias son tomadas do pobo, referidas a mouros, encantamentos, tesouros e cidades asolagadas. A súa riqueza é ben representativa do mundo rural tradicional. Estas lendas non piden do lector un enfoque meramente literario, senón que deben ser apreciadas como a expresión simbólica dunha cosmovisión fraguada ó longo dos séculos. [Presentación editorial]