Puntuación: 1.9/5 (77 votos)
Idilios; a eterna danza da vida e do soño, do amor e da morte; o ocaso da Roma republicana; os conflitos do Imperio; a historia de Galiza; o martirio de Tréveris; o reino da Bretaña de Arturo; a ruína da Illa de Páscoa, desde a época das estatuas á dos caníbales; o Ourense do baixo medievo; o Xapón dos samurais; a China dos Iuan; a Islandia viquinga; o folclore do mundo. Tal é o vasto material ao que Millán Picouto, desde 1978, vén dando forma e sentido poéticos, encarnación escénica e disposición en ciclos planetarios. Unha obra dramática en verso, inusual no panorama das letras galegas, e incluso hispánicas, chea de forza, esplendor verbal e significación.
Aquí publicamos o segundo ciclo, o "Ciclo de Venus", que, presidido polo tema do amor, reúne dúas comedias e dúas traxedias: "A fada e o cabaleiro", "Os espellos e a noite", "Nausícaa" e "Empédocles". O "Lai de Lanval" bretón, de María de Francia; a vida e o soño; Calderón, Grillparzer; Homero e o delicado episodio do náufrago Odiseo coa filla do rei Alcínoo; Goethe ou Hölderlin serviron de referencia a Millán Picouto para elaborar estas catro fermosas pezas, constituídas por situacións e personaxes retratados cun estilo deslumbrante.
[contracapa do libro]