Puntuación: 1.9/5 (43 votos)
Este poemario, destinado ós nenos e ás nenas de Galicia, corresponde á terceira edición do Premio ARUME, que patrocina a Fundación Xosé Neira Vilas.
ABRACADABRAS, de Marica Campo, foi escollido polo xurado entre case unha trintena de orixinais. Nestes versos aparece a cidade con semáforos, estatuas, quioscos... e o campo, cos seus animaliños, domésticos e salvases, como o esquío, o morcego, o grilo; e hai soños, fantasías e variados labirintos. Versos escritos con tenrura, imaxinación e achega- mento cordial ó mundo infantil.
O Premio entregouse o día 8 de xaneiro de 2006 nun acto público celebrado en Gres, na sede da Fundación. Estivo presidido por D. Luís Bará Torres, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da X unta de Galicia, e actuaron os músicos Mini e Mero. Un grupo de nenas e nenos da comarca leron poemas do libro premiado.
Aspiramos a que a poesía encha os corazóns infantís. Este é o modesto aporte da nosa Fundación, que se fai realidade gracias á colaboración de Ediciós do Castro.
[Limiar do libro]