O manifesto, en primeira instancia, é a mellor maneira de levar a cabo un programa conceptual que abranxe, a maioría das veces, aspectos filosóficos, estéticos e políticos. Todo manifesto
leva implícitas estas tres categorías -tanto na práctica como na teoría-, xa que está
demostrado que todo proxecto-manifesto proclama un credo filosófico, unha estética e unha liña política.
No século XX galego, todos teñen en común o feito de que son ou propoñen unha teoría militante do poder simbólico, xa que suxiren unha interpretación da realidade literaria e mesmo política, que pretende ser unha indiscutíbel impugnación simbólica das mesmas. [Contracapa do libro]