Puntuación: 2.2/5 (58 votos)
Chocolata toma o seu baño diario na lagoa. Un día escoita que na cidade hai unha casa de baños, e sae de viaxe coa intención de probala.
Ao chegar á capital, Chocolata fai unha rápida incursión nos hábitos urbanos máis tópicos, actuales e recoñocibles desde a mirada infantil, e experimenta outro estilo de vida.
A ilustración, con inspiración africana, é alegre e colorista; expresa con maestrla diferentes perfls humanos a través dos animais da selva, e reflicte o humor e optimismo da narración; pero ademais, Helga Bansch enriquece o relato creando personaxes que conduce habilmente a través das páxinas, para darlle un sentido máis amplo á viaxe de Chocolata, que o lector deberá descubrir a través da lectura de imaxes.
Un relato sobre as ilusións, os desexos, a amizade, a importancia da experiencia e o valor do que temos moi perto.
Un álbum non que o texto e a ilustración xogan a complementarse de tal xeito que unha lectura sen imaxes nos evocarla unha historia diferente.
[Presentación editorial]