Puntuación: 2.1/5 (37 votos)
Nun reino, lonxe de todas partes, o rei, que no pode durmir, pídelle auxilio ao mago da corte. Trifón ofrécelle unha fresa encantada, pero por un descoido, Marizul, sobriña do mago, come a froita máxica destinado a curar o insomnio do monarca e entra nun profundo soño. ..
Con referencias recorrentes, características líricas e motivos que evocan o universo literario de Borges (memoria, esquecemento, tempo...) Bernardino Rivadavia indaga no territorio dos soños cunha axilidade intelectual indiscutible, e introduce o lector nun labirinto onde a realidade aparece extrapolada nunha ficción construída baixo a pegada de recoñecibles tradicións literarias e culturais.
Marizul, soña que soña que soña, pasa dun mundo a outro sen saír do plano onírico. Nun país de camiños circulares, nun tempo que se volve reversible, as experiencias de Marizul estarán relacionadas cos estraños seres que vai atopando no camiño e que a levan da man por un inventario de lugares literarios e latitudes afastadas. E eses territorios fantásticos, poboados de imaxes e obxectos cotiáns, trazan a poética do imposible, manténdose nunha ambigua fronteira entre a realidade e a fantasía.
Maurizio A. C. Quarello conxuga a poética do texto cunhas ilustracións que conmoven, que invitan a mergullarse nun universo artístico cheo de riqueza. Así, entre as páxinas da obra aparecen referencias intertextuais a pintores como Alberto Durero, Francisco Goya, George Grosz, Edgard Hopper, Pedro Bruegel "o vello", Giuseppe Arcimboldo...
[Presentación editorial]