O centro de Estudios Galegos da Universidade de San Petersburgo edita o décimo tomo da Antoloxía da Literatura Galega que está publicando desde o ano 1995 a cargo de Elena Zernova (seleccionadora e editora). O novo volume inclúe os poemas de Cantares Gallegos e Follas Novas nunha edición bilingüe a cargo de Elena Zernova. O volume está prologado por Xesús Alonso Montero