Puntuación: 1.8/5 (31 votos)
Logo de "Un tranvía cara a SP", que foi Premio Nacional de Literatura no ano 2002, e "O pelo de Van´t Hoff", o escritor vasco Unai Elorriaga publica "Vredaman", a súa terceira novela, que agora aparece traducida para o galego igual cás dúas anteriores. A"historia dun neno que pretende acadar a intelixencia e a dos personaxes peculiares e imprevisibles que o rodean fan que en Vredaman o humor e a sorpresa se combinen nun relato no que imaxiriación e pensamento crítico van parellos. O título da novela é a mestura do nome dun dos personaxes de "As I Lay Dyíng", de William Faulkner, un neno chamado Vardaman, e do nome do pintor holandés Vredeman de Brie, que tivo un fillo que nunca pintou un cadro orixinal, senón que o único que fixo foi copiar os de seu pai.
Unai Elorriaga relata en Vredaman a historia de Tomé, un neno que persegue a intelixencia e como, para conseguilo, ten que chegar a aceptar a existencia da morte. A carón do protagonista, xorden as historias dos membros da súa familia e dos seus amigos: un avó ebanista que se burla da hipocrisía e da necesidade de aparentar, un tío que quere recuperar o espírito comunal do deporte, unha muller que tivo un mozo durante corenta anos pero nunca chegou a casar con el e unha tía que anda na procura dun exemplar rarísimo de cabalo do demo azul.
A novela ten moito de xogo, pero máis alá do lúdico, os lectores e lectoras han gozar coa súa lúcida reflexión sobre os seres humanos. Un relato perfecto que medra en émoción a medida que se aproxima ao final. Vredaman fala, entre outras moitas cousas, sobre a estraña relación entre a intelixencia e a morte, pero non o fai dunha maneira seca e abstracta senón a través de historias concretas e conmovedoras. Elorriaga tamén nos fala da interesada utilización de palabras como "triunfador" ou "perdedor"; fálanos desas razóns que, malia non teren sentido, cambian a vida dos seres humanos case sen que se decaten e, fálanos tamén, dos que pretenden dicir como temos que pensar.
[Presentación editorial]