Puntuación: 1.7/5 (60 votos)
En Covas, unha parroquia costeira e rural de Ferrol, desenvolvese a vida adulta dunha muller que sabe desde ben cativa que a vida dalgunhas persoas está chea de traballos e penas e a dignidade é o que salva a existencia dos desherdados.
As circunstancias familiares dos países, primeiro, e dela mesma, despois, obrígana á emigración interior en busca de traballo e futuro. Na súa vida cotiá non hai tempo para a calma e os acontecementos que se suceden durante anos non permiten o descanso do corpo nin da mente, pero ela garda un secreto persoal nunca desvelado.
O futuro da lingua galega está, moi probablemente, en novelas como “Os desherdados”, unha narración magnífica, de ritmo demorado, coidadosamente elaborada e sutil, rica en matices e de vocabulario agradable para alegría dos lectores máis esixentes.
[Presentación editorial]