Puntuación: 1.7/5 (23 votos)
Era unha vez un lobo tan preguiceiro que, por non se esforzar, non comía máis que papas de arroz. Un día mírouse no espello e, ao verse tan fraco, decidiu converterse nun lobo feroz...
Nas primeiras compilacións de contos rusos apareceron numerosos relatos de animais, que se remontan á época na que a principal subsistencia do home era a caza. Mentres os homes estaban a cazar, as mulleres gababan os animais, falando das súas habilidades e astucia na loita cos máis fortes.
Estas historias que falan sobre a maña dos animais durante séculos foron relatadas con inesgotable optimismo, e utilizadas como medio de educación estética e moral.
A ambivalencia de Loboferoz e algunhas pasaxes do relato revelan a cultura orixinal desta historia: Rusia é un país de bosques, sempre hai un río preto; e o costume de preparar o baño aos invitados que chegan, como indica o porco neste conto cara ao desenlace da historia, está condicionado polas grandes distancias e a dura climatoloxía.
Cun argumento moi claro, frases acumulativas, diálogos repetitivos e unha linguaxe áxil e .sinxela, Loboferoz dá alas á fantasía, despregando toda a forza dos personaxes (cabra, vaca,porco, burro, ovella) en escenas humorísticas nas que, con enxeño e bo sentido, os animais domésticos que representan a inocencia acaban burlando o ruín e vil lobo.
Un universo fabuloso onde a astucia trunfa sobre a brutalidade, e o dereito á vida e a harmonía coa natureza acaban impoñéndose sobre a maldade.
[Presentación editorial]