Puntuación: 2.1/5 (51 votos)
Antiga divindade suprema e planeta da aventura humana, a Terra preside o terceiro ciclo da obra dramática do poeta. Consta de tres traxedias e unha comedia. En PRISCILIANO EN TRÉVERIS O autor concentrou e interpretou os datos históricos dispoñibles sobre a vida e a doutrina do heresiarca, valéndose dunha construción sobria e unha elocución escultórica e vehemente, calidades que parecen a moldeadora emanación da forte e nobre personalidade de Prisciliano. O mundo de Os CORVOS é O da beleza salvaxe das sagas islandesas e presenta unha cadea de vinganzas mediante un retrato vigoroso das almas, que se despregan cos seus actos diante das aves ominosas, testemuñas das violentas vidas humanas ante os numes do panteón xermánico: A traxedia está presidida pola néboa e,a negrura, que apenas ,dá esgazado cos seus raios o deus Tor. As ANDORIÑAS decorre na China do século XIV. Unha heteroxénea multitude, desde .o emperador declinante e os cortesáns até os clientes da taberna do mercado da Porta Oeste, inza sen acougo repartida nunha especie de nichos dramáticos con fíos argumentais independentes, que acaban uníndose e desenlazándose nun xuízo popular. MARÍA SOLIÑA segue os pasos de PRISCILIANO EN TRÉVERIS .ao representar un dos feitos emblemáticos da historia de Galiza. Numerosos e variados personaxes, retratados con agudo realismo, entretécense nunha trama que non elude a farsa, á sátira e aínda a mostra do conflito idiomático entre unha institución foránea e o pobo galego, nun ambiente convulsionado e miserable.
Unha obra dramática en verso, inusual no panorama das letras galegas, e incluso hispánicas, chea de forza, esplendor verbal e significación.
[Contracapa do libro]