En 1849, o impresor santiagués afincado en Ourense Juan María Pazos tiraba do prelo a primeira edición de "A Casamenteira" do escritor Antonio Benito Fandiño. O asunto desta pequena peza teatral é a mediación dunha peculiar Celestina galega que coas súas artes persuasivas amaña os casamentos por interese ou trato. Se atendemos á data da escrita da obra, 1812, podíamos califica-la peza coma o texto fundacional da literatura dramática galega contemporánea. Esta edición reproduce o
único exemplar coñecido, felizmente recuperado, que se conserva da primeira edición. Da importancia deste texto acúpanse os atinados e, a partir de agora, imprescindibles estudios preliminares dos profesores X.R. Barreiro, Laura Tato e Carmen Blanco. [lapela do libro]