Aconsello a súa lectura moi detida, porque detido é o seu texto, máis que escrito, esculpido nas follas brancas das noites negras de tristura e insomnio.
Tamén hai intimidade e fondura nos seus versos, e deles mesmos emana a comunicación do seu propio sentimento do que está a acontecer no mundo.
Hai canles soterrados que veñen directamente do espírito da poeta que sente o que pasa e o conta dende o seu sentir, xa incidido pola externalidade do gran drama da vida, do gran dra-ma do mundo.
E todo dito e feito coa precisión cuase matemática do ca- non estético que emana de la mesma, como pode apreciarse dunha soa ollada, o seu físico, sempre cumprindo coa normativa Kruckenberg: sen disonancias, elegancia austera, harmónica, cunha sabedoría que lle vén de lonxe. Dende que naceu. [Fragmento do Limiar, por Marita Vázquez]