Puntuación: 1.9/5 (48 votos)
Prototipo de historiador romántico, cosmopolita e viaxeiro infatigable, o norteamericano Washington Irving (783-1859) encarna a personalidade inqueda e polifacética do home do século XIX. Levado polos seus intereses a Europa, e despois de residir durante un tempo en Inglaterra e Francia, Irving chegaría a España, como agregado da embaixada, en 1826. O éxito dos seus libros, de corte romántico, sobre Cristóbal Colón e a conquista do reino nazarí permitiulle instalarse en Granada. Froito desa experiencia son os Contos da Alhambra, volume publicado inicialmente en Londres en 1832 e ampliado e revisado na posterior edición neoiorquina. A obra, un clásico, combina as tradicións mouras coas cristiáns, a través dunha serie de contos que recrean o pasado e reflicten tamén o presente desde o que escribía o autor.
Nesta edición, recupérase un dos contos escritos por Irving nos Contos da Alhambra: O astrólogo e a feiticeira, destinada a lectores de entre 8 y 12 años. Nesta historia, Irving combina por unha parte o seu talento de creador literario con elementos tomados de lendas e contos que circulaban na época, amosando o seu lado máis romántico. Pola súa parte, a artista ferrolá Paula Aneiros propón unha lectura plástica innovadora na que, fronte dunha narración con forza e contido explicativo, optou por captar momentos, instantes da obra filtrada por unha óptica abstracta. Paula revisita este clásico da literatura do século XIX e o enriquece a través da pegadas das súas sensacións cromáticas que ofrecen ao lector mozo unha atractiva proposta de lectura de imaxes.
[Presentación editorial]